Diferenzas entre revisións de «Operón»

 
== Introdución ==
Os operóns aparecen principalmente en [[procariota]]s pero tamén nalgúns [[eukarya|eucariotas]], como [[nematodo]]s como ''[[Caenorhabditis elegans]]'' e a mosca ''[[Drosophila melanogaster'']]''. Os xenes de ARNr xeralmente existen formando operóns, e foron atopados en moitos eucariotas incluíndo os [[cordado]]s. Un operón está formado por varios [[xene estrutural|xenes estruturais]] organizados baixo o control dun [[promotor (xenética)|promotor]] común e regulados por un [[operador (xenética)|operador]] común. Defínese como un conxunto de xenes estruturais adxacentes, e sinais regulatorios adxacentes que afectan á transcrición dos xenes estruturais.<ref>{{cite book |author=Miller JH, Suzuki DT, Griffiths AJF, Lewontin RC, Wessler SR, Gelbart WM |title=Introduction to genetic analysis |publisher=W.H. Freeman |location=San Francisco |year=2005 |pages=740 |isbn=0-7167-4939-4 |edition=8th }}</ref> Os reguladores dun determinado operón, como son os [[represor]]es, [[correpresor]]es, e [[Activador (xenética)|activadore]]s, non están necesariamente codificados polo operón ao cal regulan. A localización e condicións dos reguladores, promotores, operadores e secuencias de ADN estruturais poden determinar os efectos de mutacións comúns.
 
Os operóns están relacionados cos [[regulón]]s, [[estimulón]]s e [[modulón]]s; pero mentres que os operons conteñen un conxunto de xenes regulados polo mesmo operador, os regulóns conteñen un conxunto de xenes que están regulados por unha soa proteína, e os estimulóns conteñen un conxunto de xenes regulados por un só estímulo celular. Segundo os seus autores o termo operón significa "operar".<ref>Jacob, F. O. (2011). "The Birth of the Operon". Science 332 (6031): 767–767. doi:10.1126/science.1207943. PMID 21566161.</ref>
190.140

edicións