Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A partir daí a acción política traduciuse no estímulo social, xunto con outros notables e forzas non rupturistas, de espallar o sentimento autonomista, do que foron expresión as grandes manifestacións a prol da autonomía política do 4 de decembro de 1977. Paralelamente, arrincouse do Goberno Suárez o Real Decreto-lei 7/1988 de 16 de marzo polo que se establecía un réxime de preautonomía un día antes de que se ditase o correspondente a Aragón, Canarias e Valencia. Deste xeito, buscábase suliñar o carácter de ''nacionalidade histórica'' de Galicia, por ter xa plebiscitado un Estatuto de Autonomía en [[1936]]. O 18 de abril constituíuse a [[Xunta de Galicia]] preautonómica onde Meilán Gil colocaba a un dos seus homes [[Alejandrino Fernández Barreiro]] na carteira de Educación e Cultura. Meilán asumiu a consellería de Agricultura.
 
Como deputado nas [[Cortes Xerais]], Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que [[Cataluña]] e o [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa |País Vasco]], pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión ''nacionalidades'' incluída no artigo 2 da Constitución.
 
Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".
67.952

edicións