Porta do Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "260px|dereita|thumb||Vista do monumento dende a Gran Vía, coa avenida de Castelao no fondo. {{Título en cursiva}} A '''''Porta do Atlántic..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
A '''''Porta do Atlántico''''' é un [[monumento]] obra do artista [[Ponteareas|pontareán]] [[Silverio Rivas]] de [[1990]] situado no barrio das Travesas da cidade de [[Vigo]].
 
Compose de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de [[granito]] rosa do [[O Porriño|Porriño]]. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha [[:wikt:canteira|canteira]] do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é un gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, Pi i Margall e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona auga nun cicuito pechado. Arrodéase de dous socalcos de [[paralelepípedo]]s de granito rosa. A comezos do século XXI instláronse na fonte algúns arriates de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas ''[[xamba]]s'' e un gran ''[[lintel]]''. Das xambas, cara o van, penduran dúas pezas que representarían Europa e as Américas.
 
A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao<ref>http://hoxe.vigo.org/conecenos/e_atlantico.php?lang=gal</ref>.