Alcalófilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
==Mecanismos de acidificación citosólica==
 
Os alcolófiosalcalófios manteñen a acidificación citosólica por medios pasivos e activos. Na acidificación pasiva, propúxose que as paredes celulares conteñen compostos [[polímero|poliméricos]] con residuos ácidos como o [[ácido galacturónico]], [[ácido glicónico]], [[ácido glutámico]], [[ácido aspártico]], e [[ácido fosfónico]]. En conxunto, estes residuos forman unha matriz ácida que axuda a protexer a membrana plasmática das condicións alcalinas ao previr a entrada de ións [[hidróxido]], e permitir a captación de ións [[sodio]] e H<sup>+</sup>. Ademais, o [[peptidoglicano]] do ''[[Bacillus subtilis]]'' alcalófilo contén altos niveis de [[hexosamina]]s e [[aminoácido]]s en comparación cos seus similares [[neutrófilo (organismo)|neutrófilos]]. Cando os alcalófilos perden estes residuos ácidos por medio de [[mutación]]s inducidas, a súa capacidade para crecer en condicións alcalinas queda gravemente afectada.<ref name=Horikoshi/>
Porén, hai un acordo xeral sobre que os métodos pasivos de acidificación citosólica non son dabondo para manter un pH de 2-2,3 interno por debaixo do pH máis alto externo; debe haber tamén formas activas de acidificación. O método máis caracterizado de acidificación activa é por medio de [[antiportador]]es de Na<sup>+</sup>/H<sup>+</sup>. Neste modelo, os ións H<sup>+</sup> son primeiro pasados por unha [[cadea de transporte de electróns]] nas células en respiración e ata certo punto a través dunha [[ATPase]] nas células fermentadoras. Este paso de protóns por esas vías establece un gradiente de protóns que impulsa os antiportadores electroxénicos, o cal pula a saída da célula do Na<sup>+</sup> intracelular que se intercambia cun grande número de H<sup>+</sup>, o que leva a unha acumulación neta interna de protóns. Esta acumulación de protóns baixa o pH citosólico. O Na<sup>+</sup> expulsado pode utilizarse para o [[simporte]] de solutos, que son necesarios para procesos celulares. Comprobouse que o antiporte Na<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> é necesario para o crecemento [[acidófilo (organismo)|acidófilo]], mentres que os antiportadores K<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> ou Na<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> poden utilizarse polas bacterias neutrófilas. Se os antiportadores Na<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> están inutilizados por unha mutación ou por outros medios, as bacterias convértense en neutrófilas.<ref>Krulwich, Terry A., Mashahiro Ito, Ray Gilmour, and Arthur A. Guffanti. "Mechanisms of Cytoplasmic PH Regulation in Alkaliphilic Strains of Bacillus." Extremophiles 1 (1997): 163-69. Print.</ref><ref name=Higashibata/> O sodio requirido por este sistema de antiporte é a razón pola que os alcalófilos extremos só poden crecer en ambientes moi salinos.
 
==Diferenzas na produción de ATP en alcalífilos==