Quimiosmose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== A forza protón motriz ==
O movemento de ións a través da membrana depende da combinación de dous factores:
# Forza da [[difusión]] causada polo gradiente de concentración. Todas as partículas, incluídas os ións tenden a difundir desde concentracións altas a baixas.
# Forza electrostática causada polo gradiente de potencial eléctrico. Os [[catión]]s, como son os protóns H<sup>+</sup>, tenden a difundir a favor do potencial eléctrico, e os [[anión]]s na dirección oposta.
Estes dous gradientes considerados xuntos poden expresarse como un [[gradiente electroquímico]].
 
A [[bicapa lipídica]] das membranas celulares son barreiras que non poden ser atravesadas directamente polos ións. Por esta razón a enerxía pode almacenarse como unha combinación destes dous gradientes que se cerean a través da membrana. Só [[proteína de membrana|proteínas de membrana]] especiais como por exemplo os [[canal iónico|canais iónicos]] poden nas condicións axeitadas permitir o paso de ións a través da membrana (ver tamén: [[transporte de membrana]]). Na teoría quimiosmótica a [[proteína transmembrana]] [[ATP sintase]] é moi importante, porque funciona como un canal iónico que pode converter a enerxía do fluxo espontáneo de protóns que pasa a través dela en enerxía química dos enlaces do ATP.
 
O termo '''forza protón motriz''' (FPM) creouse para describir o funcionamentodo gradiente electroquímico mencionado antes. Pode describirse como a medida da enerxía potencial almacenada como unha combinación de gradientes de concentracións protóns e voltaxe (potencial eléctico) a través dunha membrana. O gradiente eléctrico é unha consecuencia da separación de cargas a través da membrana (cando os protóns H<sup>+</sup> se moven sen que haa movemento dun contraión, como o cloruro Cl<sup>-</sup>).
 
Na maioría dos casos, a [[forza protón motriz]] (FPM) xérase por unha cadea transportadora de electróns, que actúa movendo electróns e bombeando protóns, creando unha separación de carga. Na mitocondria, a liberación de [[enerxía libre de Gibbs|enerxía libre]] desde a cadea transportadora de electróns, é utilizada para mover protóns desde a matriz mitocondrial ao espazo intermembrana da mitocondria. Mover os protones ao compartimento exterior crea alí unha concentración levemente alta de partículas cargadas positivamente (e como son H<sup>+</sup> diminúe alí o [[pH]]), tendo como resultado que un lado da membrana mitocondrial interna é máis positivo e o outro máis negativo (o gradiente eléctrico xerado é de aproximadamente -200 mV coa matriz negativa).