Diferenzas entre revisións de «Quimiosmose»

=== Quimiosmose en plantas ===
{{AP|Fotofosforilación}}
Ademais da quimiosmose mitocondrial, nas plantas as reaccións da [[fase luminosa]] da [[fotosíntese]], xeran enerxía mediante quimiosmose. Nos tilacoides, a clorofila perde electróns ao ser excitada ou enerxizada pola luz. O electrón é transportado por unha cadea de transportadores de electróns á vez que estes bombearbombean protóns cara ao interior do tilacoide, on deonde se acumulan (xunto cos procedentes da rotura da auga na fotólise da auga da fotosíntese). Os electróns recólleos o NADP<sup>+</sup> (que forma [[NADPH]]). A auga cédelle á clorofila os electróns que perdeu ao darlle a luz, e neste proceso a molécula de auga rompe (fotólise) xerando oxíxeno (que se desprende) e protóns (que contribúen ao gradiente do tilacoide). A acumulación de protóns dentro do tilacoide xera un potencial de membrana; estes protóns saen a través da ATP sintase da membrana tilacoidal, que se activa xerando ATP. Este proceso coñécese como [[fotofosforilación]].
 
=== Quimiosmose en bacterias ===
177.884

edicións