Diferenzas entre revisións de «Quimiosmose»

=== Quimiosmose en mitocondrias ===
{{AP|Fosforilación oxidativa}}
A rotura completa dunha molécula de [[glicosa]] en presenza de [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] é denominada [[respiración celular]]. As últimas etapas deste proceso ocorren na [[mitocondria]]. As moléculas de alta enerxía [[NADH]] e [[Flavín adenín dinucleótido|FADH<sub>2]], xeradas polo [[ciclo de Krebs]], liberan os electróns cara a unha cadea transportadora de electróns. A enerxía do fluxo de electróns utilízase para bombear protóns desde distintos compoñentes da cadea para crear unaun gradiente de protóns a través da membrana interna mitocondrial. A ATP sintase é logo usada para xerar ATP por quimiosmose, xa que funciona como un poro permeable aos protóns cando estes se concentran o suficiente no espazo intermembrana. O encima está activo cando os protóns a atravesan e empeza a sintetizar ATP. Este proceso coñécese como [[fosforilación oxidativa]].
 
A '''fosforilación quimiosmótica''' é a principal forma de xerar ATP na célula. Tamén se xera ATP en pequenas cantidades por [[fosforilación a nivel de substrato]] na cal non intervén a quimiosmose.
187.665

edicións