Xoán Caboto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
propoño o borrado deste artigo e deixar o de Xoán Caboto
m →‎En Inglaterra: Henrique VII de Inglaterra
Liña 1:
{{Fusióndesde|John Cabot}}
{{lixo}}
[[Ficheiro:Bristol.john.cabot.500pix.jpg|miniatura|Estatua de Xoán Caboto en [[Bristol]].]]
'''Giovanni Caboto''' ou, ás veces, '''Xoán Caboto''', nado contra o [[1450]] e finado en [[1499]], foi un comerciante, navegante e explorador [[Italia|italiano]] considerado coma un dos primeiros europeos da época moderna en chegar en [[1497]] á parte continental de [[Norteamérica]].
 
==Traxectoria==
Xoán Caboto naceu sobre o ano [[1450]] en [[Xénova]], Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia. Sobre o ano [[1461]] Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano [[1482]] aproximadamente casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
Igual que o seu pai, dedicouse ó comercio. Comerciaba cos portos do [[Mediterráneo]] do leste, ata converterse nun experto mariñeiro. Comerciaba principalmente con valiosas mercadorías asiáticas coma especies, seda, pedras preciosas e metais que chegaban a [[Europa]] por vía terrestre ou a través do [[Mar Vermello]].
 
=== En España ===
Sobre o ano [[1490]], Caboto e a súa familia mudáronse a [[Valencia]]. É probable que fose nesta cidade onde se propuxo seguir os pasos de [[Cristovo Colón]] e comezou a formar parte das exploracións ao [[Océano Atlántico]]. Os países líderes destas exploracións eran por aquel entón [[Portugal]] e [[España]] e os monarcas de ámbolos dous países desexaban atopar novas rutas para conseguir as riquezas da Asia. Estas rutas tiñan que evitar penetrar polo Mediterráneo, onde as cidades italianas exercían un amplo monopolio. Mais entre estas pretensións había outra tamén de menos peso, pero importante naquelas datas, e era a da expansión do cristianismo para deter o avance musulmán.
 
Porén, nin España nin Portugal se interesaron por Xoan Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara Asia a través do sur de África, pasando polo [[Cabo de Boa Esperanza]], e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en [[1493]].
 
===En Inglaterra===
O resultado deste cúmulo de situacións foi a mudanza de intencións de Caboto, quen se dirixiu a [[Inglaterra]] na buqueda de oportunidades, xa que neste reino aínda non se iniciaran as exploracións a tanta escala como nos países peninsulares. Así pois, en [[1494]] Caboto instálase en [[Bristol]] coa súa familia e inicia relacións con mercaderes do porto e mesmo co rei [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]]. A súa idea asemellábase á de Colón e pretendía chegar á Asia dirixíndose cara o oeste atravesando o Atlántico norte, xa que consideraba que esa ruta era máis rápida que a recén descuberta por Colón.
 
En Inglaterra, Caboto conseguiu finalmente as axudas que lle foran denegadas en España e Portugal e os comerciantes de Bristol acordaron financiarlle a expedición. Non foi de estrañar, xa que os comerciantes deste porto eran coñecidos polas súas viaxes anteriores a Caboto, a redor de [[1480]], das que se di que nalgunha delas puideron alcanzar as costas de Terranova e Labrador nas súas ansias de busca de comercio.
[[Ficheiro:Matthew-BristolHarbour-Aug2004.jpg|miniatura|Matthew de Xoán Caboto.]]
 
==Viaxes==
Enrique VII concedeulle a Caboto e ós seus tres fillos o dereito a buscar illas e países pagáns con cinco barcos que levarían a bandeira inglesa, baixo a que se sometían. A expedición partiu dende Bristol no ano [[1497]] e estaba encabezada por Matthew, e a bordo do mesmo chegaron a [[Terranova|Newfoundland]], Canadá, crendo que chegaran ás costas asiáticas de [[Cipango]]. Caboto regresou a Inglaterra ó pouco tempo e un ano despois organizou outra viaxe na que se di que chegou ata [[Groenlandia]] polo norte e á [[baía de Chesapeake]] polo sur. A partir de [[1499]] non se tiveron máis noticias del.
 
Estes descubrimentos pode que non fosen de grande importancia económica, mais co tempo convertéronse na base para as reivindicacións inglesas sobre Norteamérica.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
===Ligazóns externas===
* [http://www.mgar.net/var/cias_ame.htm Historia - documentos americanos] {{Es}}.
 
{{ORDENAR:Caboto}}
[[Categoría:Exploradores]]
[[Categoría:Personalidades de Italia]]
[[Categoría:Nados en Xénova]]
[[Categoría:Finados en 1499]]