Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A guerra internacionalizouse posto que Xoán II buscou o apoio de [[Luís XI de Francia]] (polo cal lle dá entre outras cousas en garantía o Rosellón e a Cerdaña) e Gastó de Foix (promesa de herdar [[Navarra]]). O Consello do Principado, pola súa parte, procurará apoios interiores e a desarticulación das forzas opositoras: o partido da Busca e os remensas. Ao non obter os resultados desexados, o Consello empeza a ofrecer o Principado a candidatos que, 50 anos tras Caspe, poidan ter dereito a gobernar [[Catalunya|Cataluña]].
 
No [[1462]], propúxose nomear conde de Barcelona ao rei [[Enrique IV]] de Castela se respetabarespectaba toda a particularidade catalá e a Concordia de Vilafranca, ademais ao rei castelán, aparte dos seus dereitos ao trono, podía contar coa axuda dos beamonteses navarros inimigos de Xoan II e do conde de Foix. Eles apoian a Branca, irmá de [[Carlos de Viana]] e ex-muller de [[Enrique IV]].
 
Enrique IV acepta o ofrecemento ante a división da nobreza. As tropas casteláns dirixidas por Xan de Beamonte obrigan a erguer o asedio de [[Barcelona]] pero Juan II emprega as división da nobreza castelán que rematará forzando a Enrique, polo [[Tratado de Baiona]] e con [[Lois XI]] de árbitro, ao renunciar ao Principado e, en compensación, entregaráselle a cidade de [[Estella]]. Xoan II renuncia as rendas que lle correspondían en [[Castela - Castilla|Castela]]
 
En [[1464]], tras o fracaso co monarca castelán, ofrécese a coroa a [[Pedro de Portugal]], neto de [[Xaime II de Urxel]] que, dadas as súas limitacións, alíase co [[duque de Borgoña]], inimigo de Lois XI.
194.512

edicións