Quimiosmose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 107:
As [[bacteria]]s tamén poden utilizar a quimiosmose para xerar ATP. Teñen cadeas de transporte de electróns e ATP sintases nas súas membranas plasmáticas, que bombean protóns cara ao exterio e sintetizan ATP, respectivamente, por un mecanismo quimiosmótico similar ao mitocondrial. Ademais, bacterias fotosintéticas como as [[cianobacteria]]s e outras crean ATP por un mecanismo similar ao da fotofosforilación dos cloroplastos. De feito, crese que as mitocondrias e os cloroplastos se formaron por [[endosimbiose]] de bacterias que podían respirar ou fotosintetizar utilizando a quimiosmose (ver [[eucarioxénese]]).
 
Nas [[halobacterias]] hai un acoplamento quimiosmótico especial entre a [[bacteriorrodopsina]], que capta luz e bombea protóns fóra da célula, e a produción de ATP.
 
== Notas ==