Quimiosmose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
As moléculas como a glicosa, son metabolizadas para producir [[acetil-CoA]] como intermediario rico en enerxía. A oxidación de acetil-CoA na matriz mitocondrial está acoplada á redución dunha molécula transportadora como o [[NAD+|NAD<sup>+</sup>]] e [[FAD]].<ref>{{cita libro | nombre=Bruce | apelidos=Alberts | enlaceautor= | coautores=Alexander Johnson, Julian Lewis, Martin Raff, Keith Roberts and Peter Walter | ano=2002 | título=Molecular Biology of the Cell | edición=4ta | editor=Garland | localidade= | id=ISBN 0-8153-4072-9 | capítulo=Proton Gradients Produce Most of the Cell's ATP | urlcapítulo = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query.fcgi?cmd=Search&db=books&doptcmdl=GenBookHL&term=chemiosmotic+AND+mboc4%5Bbook%5D+AND+373681%5Buid%5D&rid=mboc4.section.2495#2519 }}</ref>
 
Os transportadores traspasan [[electrón]]s á [[cadea transportadorade transporte de electróns]] da membrana mitocondrial interna, que logo os traspasan a outras [[proteína]]s da cadea. A enerxía dispoñible dos electróns úsase para bombear protóns desde a matriz, a través da membrana mitocondrial interna, cara ao espazo intermembrana, gardando enerxía en forma dun gradiente electroquímico transmembrana. Os protónss regresan á matriz atravesando de novo a membrana interna, a través do encima [[ATP sintase]]. O fluxo de protóns de volta á matriz mitocondrial a través da ATP sintase, proporciona suficiente enerxía para que o ADP se combine con [[fosfato]] inorgánico para formar ATP. Os electróns que chegan ao final da cadea de transportadores chegan ao aceptor final de electróns da respiración, que é o [[oxíxeno molecular]] (O<sub>2</sub>), ao cal toma eses electróns e protóns da matriz e orixina auga.
 
No seu momento esta foi unha proposta radical e non foi ben aceptada. A visión que prevalecía naquel momento era que a enerxía da transferencia electrónica se almacenaba nun intermediario estable de alta enerxía, un concepto máis conservador desde o punto de vista químico. O problema deste vello paradigma era que nunca se encontrou aquel intermediario, e a evidencia do bombeo de protóns polos complexos da cadea de transporte de electróns creceu de forma tal, que non puido ser ignorada. Finalmente, o peso da evidencia comenzou a favorecer a hipótese quimiosmótica, e en 1978, o [[Premio Nobel de Química]] concedéuselle a Peter Mitchell.<ref>O [http://nobelprize.org/chemistry/laureates/1978/index.html Premio Nobel] de Química en 1978.</ref>