FC Bayern München: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
lig int
Liña 102:
Na constitución orixinal do club as cores do Bayern eran o branco e o azul, pero o club xogou en camisetas brancas e pantalóns negros até 1905, cando o Bayern se fusionou co Münchner Sport Club. O MSC decretou que os [[futbolista]]s tiñan que xogar con pantalóns vermellos. A partir de aí o Bayern xogou en vermello e branco durante a maior parte da súa historia, aínda que o azul seguiu a ser utilizado en varias ocasións. Na tempada de [[1969]]-[[1970|70]] as camisas eran raiadas en azul e branco, e os pantalóns e os calcetíns tamén eran azuis. Un estilo semellante apareceu en [[1995]], cando o azul foi por primeira vez a cor dominante. En [[1999]] o Bayern regresou ás súas cores orixinais.
 
O conxunto visitante do club tivo unha gran variedade de cores a través dos anos, incluíndo negro, branco, azul ou verde-dourado. O Bayern tamén adoita ter un equipamento distinto para competicións internacionais (normalmente a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]). En [[2009]], o conxunto local foi [[vermello]], o visitante foi [[azul]] escuro e o conxunto internacional [[branco]]. Na tempada de [[2010]]-[[2011|11]], o Bayern tivo un camisola para os seus partidos como local a franxas verticais vermellas e brancas, camisa branca con pantalóns de azul escuro de visitante, e un azul moi escuro para os partidos da Liga de Campións. Nos anos [[1980]] e [[1990]] o Bayern usou un conxunto especial de visitante para xogar contra o [[1. FC Kaiserslautern]] coas cores da [[Selección de fútbol de Brasil|selección brasileira de fútbol]]: o azul e o amarelo, unha [[superstición]] producida debido ao feito de que ao club custáballe gañar na cidade do [[Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz|Palatinado]].
 
{| style="width: 100%"