Gradiente electroquímico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
A diferenza de potencial electroquímico dun soluto é cero no seu "[[potencial inverso]]", que é a voltaxe transmembrana á cal o fluxo neto de solutos a través da membrana é tamén cero. Este potencial pode predicirse, en teoría, aplicando a [[ecuación de Nernst]] (para sistemas cunha especie iónica permeante) ou pola [[ecuación de Goldman-Hodgkin-Katz]] (para máis dunha especie iónica permeante). O potencial electroquímico mídese no laboratorio e no campo utilizando [[eléctrodo de referencia|eléctrodos de referencia]].
 
As [[ATPase]]s transmembrana ou [[proteína transmembrana|proteínas transmembrana]] con [[dominio proteico|dominios]] de ATPase utilízanse con frecuencia para crear e utilizar gradientes iónicos. O encima a [[ATPase de Na+/K+]] utiliza o ATP para crear un gradiente iónnicoiónico de sodio e outro de potasio. O potencial electroquímico utilízase como un almacenamento de enerxía. O acoplamento quimiosmótico é unha das varias formas en que unha reacción termodinamicamente desfavorable pode ser impulsada por outra termodinamicamente favorable. O [[cotransporte]] de ións por [[simportador]]es e [[antiportador]]es utilízase comunmente para mover activamente ións a través de membranas biolóxicas.
 
==Gradiente de protóns==