Rafael González Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recoñecementos
lig int
Liña 22:
No 1915 proxectou a Casa Molina e o monumento a [[Concepción Arenal]] na cidade da Coruña. Constitúen tódalas obras anteriormente descritas unha arquitectura estreitamente vinculada ó academicismo que avanza paulatinamente cara un tipo de arquitectura máis rexionalista.
 
Encargóuselle a construción dunha escola en [[Betanzos]] no ano 1917 e un ano despois encomendóuselle a Casa do Pobo, ámbalas dúas obras legado de [[Jesús García Naveira]] á cidade brigantina. Realizou amais outras obras, entre as que se poden destacar a Casa Núñez e as reformas do Liceo e do "Teatro Alfonsetti" na vila betanceira ou a "Casa Companioni" e o mercado de abastos na cidade da Coruña, compaxinando a súa actividade profesional co cargo de arquitecto municipal da cidade herculina a partires de 1925. Atribúeselle tamén a creación dos Cines Capitol en Betanzos<ref name="nouvo">Cabano Vázquez, Ignacio; [http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1985PDF/1985%20131_144.pdf "La Arquitectura de Rafael González Villar en Betanzos"] pdf, en castelán.</ref>.
 
No 1922 foi proxectado polo arquitecto coruñés o [[Edificio Castromil]]<ref name="castr">[http://www.a16-01.com/pdfs/CAU/1975/CAU750901052.pdf "Otras obras destruidas. Edificio Castromil"] pdf, en castelán.</ref>, de estilo ecléctico expresionista próximo ó modernismo, situado naen cidade[[Santiago de [[SantiagoCompostela]]. Tamén se constrúe en Compostela un edificio de vivendas proxectado polo arquitecto galego na rúa do Hórreo, facendo esquina con Montero Ríos en 1927.
 
Rafael González Villar realizou o proxecto do Sanatorio de tuberculosos de [[Cesuras]]<ref name="cesuras">''La Voz de Galicia'' (3-10-2010) [http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/10/03/0003_8761179.htm "Decenas de casas históricas agonizan en el área sin ningún tipo de protección"]. "Una joya olvidada; el conocido como Sanatorio de los Incurables de Cesuras del arquitecto Rafael González Villar", en castelán.</ref> entre os anos 1922 e 1924, ainda que nunca se chegou a concluír a súa construción por mor do inicio da Guerra Civil Española.