Gradiente electroquímico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
Un gradiente electroquímico ten dous compoñentes. Primeiro, o compoñente eléctrico do gradiente está causado por unha diferenza de cargas a través da membrana lipídica. Segundo, o compoñente químico está causado por unha diferenza de concentración dunha substancia ([[ión]]s) a través da membrana. A combinación destes dous factores determina a dirección electroquímica favorable para que se produza o movemento dun ión a través da membrana.
 
Un gradiente electroquímico é análogo á presión exercida pola auga a través dunha [[encoro|presa hidroeléctrica]]. As [[proteína de transporte de membrana|proteínas de transporte de membrana]] como a [[bomba de sodio-potasio]] situada dentro da membrana son equivalentes ás turbinas que converten na presa a enerxía potencial da auga noutras formas de enerxía, e os ións que pasan a través da membrana equivalen á auga que sae da presa. Ademais, a enerxía pode utilizarse para bombear auga de regreso ao encoro. De maneira similar, a enerxía química das células pode ser utilizada para crear gradientes electroquímicos.
 
==En química==