Metabolismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 128:
Na [[fosforilación oxidativa]], os [[electrón]]s liberados das moléculas dos alimento en rutas como o ciclo de Krebs son transferidos ao oxíxeno, e a enerxía é liberada para sintetizar adenosina trifosfato. Isto fano nas células [[Célula eucariota|eucariotas]] unha serie de [[proteína]]s situadas nas membranas das [[mitocondria]]s que forman a chamada [[cadea de transporte de electróns]]. Nas células [[procariota]]s, estas proteínas encóntranse na membrana plasmática.<ref>{{Cita publicación|autor=Hosler J, Ferguson-Miller S, Mills D |título=Energy transduction: proton transfer through the respiratory complexes |revista=Annu Rev Biochem |volume=75 |número= |páxinas=165-87 |ano=2006 |pmid=16756489}}</ref> Estas proteínas utilizan a enerxía liberada polo paso de electróns desde moléculas reducidas como o coencima NADH ata o oxíxeno para bombear [[protón]]s a través da membrana.<ref>{{Cita publicación|autor=Schultz B, Chan S |título=Structures and proton-pumping strategies of mitochondrial respiratory enzymes |revista=Annu Rev Biophys Biomol Struct |volume=30 |número= |páxinas=23-65 |ano=2001 |pmid=11340051}}</ref>
 
Os protóns bombeados fóra da mitocondria crean unha diferenza de concentración a través da membrana, o que xera un [[gradiente electroquímico]].<ref>{{Cita publicación|autor=Capaldi R, Aggeler R |título=Mechanism of the F(1)F(0)-type ATP synthase, a biological rotary motor |revista=Trends Biochem Sci |volume=27 |número=3 |páxinas=154-60 |ano=2002 |pmid=11893513}}</ref> Esta forza fai que volvan á mitocondria a través da subunidade F<sub>o</sub> da [[ATP sintase]]. O fluxo de protóns fai que parte do encima xire, o que fai que no [[sitio activo]] se produza a [[fosforilación]] da [[adenosina difosfato]] (ADP) e se converta en ATP.<ref name=Dimroth />
 
=== Enerxía dos compostos inorgánicos ===