Fotótrofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Dead tree river.jpg|dereita|miniatura|Fotótrofos terrestres e acuáticos: plantas que crecen sobre un tronco caído flotando en augas cheas de algas.]]
 
Os '''fotótrofos''' son organismos que obteñen enerxía captando a enerxía dos [[fotón]]s de luz. Utilizan a enerxía da luz para levar a cabo varios procesos metabólicos celulares. A maioría dos fotótrofos realizan a [[fotosíntese]], pero non todos obrigatoriamente. Os fotautótrofos fotosintéticos converten [[anabolismo|anabolicamente]] o dióxido de carbono en materia orgánica que será utilizada para construír as estruturas do organismo, ou (por exemplo, en forma de azucres) como fonte para procesos [[catabolismo|catabólicos]] posteriores. Todos os fotótrofos usan ou ben unha [[cadea de transporte de electróns]] ou ben un bombeo de protóns directo para establecer un [[gradiente electroquímico]] que se utiliza por unha [[ATP sintase]] para producir a molécula enerxética da célula [[adenosín trifosfato|ATP]]. Os fotótrofos son autótrofos na súa maioría (obteñen carbono do dióxido de carbono), pero tamén hai algúns [[heterótrofo]]s.
 
Para referirse aos fotótrofos utilízase o adxectivo '''fototrófico''', mentres que o nome '''fototrofia''' indica o seu tipo de metabolismo enerxético.