Fitopatoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 33:
[[Ficheiro:Nematode nodules.jpg|thumb|Nódulos nas raíces, síntoma de infección por [[nematodos]].]]
==== Fungi (Fungos verdadeiros) ====
A meirande parte dos patóxenos de plantas son fungos das divisións [[ascomycetesascomicetos]], [[basidiomycetesbasidiomicetos]] ou [[oomycotaoomicetos]].
 
Unha doenza fúnxica pode ser descrita como policíclica se o axente causal é quen de producir esporas e tornar infectar plantas durante unha tempada de crecemento, ou monocíclica se o axente causal debe agardar unha nova tempada. Esta clasificación aplícase a rexións con catro estacións onde os patóxenos deben producir estruturas específicas para sobrevivir ao inverno. Os fungos fitopatóxenos tamén poden ser definidos polos tipos de esporas que producen e polo método polo cal penetran na planta. Unha vez que o patóxeno penetrou produce un [[haustorio]] e medra dentro da planta (alimentación biotrófica), ou mata as células do seu arredor e se alimenta do tecido morto (alimentación necrotrófica). A identificación dos patóxenos realízase baseándose nos sinais e síntomas da enfermidade. Sinais refírese á observación dalgunha das estruturas do patóxeno (como esporulación). Síntomas son evidencia secundaria producida pola planta de que un patóxeno esta presente (como o murcho das follas).