Diferenzas entre revisións de «Ascomicetos»

m
m
 
== Ecoloxía ==
Os ascomicetos teñen unha función primordial na meirande parte dos [[ecosistema]]s terrestres. Ocúpanse da [[Descomposición biolóxica|descomposición]] da [[materia orgánica]], a partir de follas muertas, talos, árbores caídas, etc. e axudan aos animais [[detritívoro]]s, que viven da materia orgánica, a obteneren os seus nutrientes. Procesan materias como a [[celulosa]] e maila [[lignina]], que son difíciles de descompor. Por todo isto, xogan un rol moi importante nos ciclos naturais do [[ciclo do nitróxeno|azote]] e do [[ciclo do carbono|carbono]].
 
Os [[Cogomelo|corpos frutíferos]] ou ascocarpos fornecen alimento a un conxunto diverso de animais, coma insectos, [[lesme]]s, caracois, e até roedores e mamíferos grandes coma o cervo ou o [[porco bravo]]..
Unha serie de especies de ascomicetos do xénero ''[[Xylaria]]'' atópase nos niños de [[formiga]]s cortadoras de follas de América do Sur e outras formigas da tribo [[Attini]] que cultivan fungos e tamén nos cultivos de fungos das [[térmite]]s ([[Isoptera]]). Estes fungos logo forman ascocarpos despois que os insectos marchen, polo que cre que se trata de fungos cultivados por eles por comparación co que ocorre en varios casos de asociacións con [[basidiomicetos]] (Basidiomycota).
 
Os [[escaravello]]s de casca, da familia [[Scolytidae]], son simbiontes importantes dos ascomicetos. As femias transportan as esporas á nova planta hospedante en sacos, chamados micetanxios, baixo a quitina. Furan túneles dentro da madera e fan cámaras ou celiñas que usan para pór os seus ovos. Cando depositan os ovos tamén deixan esporas das cales medran as hifas que poden efectuar a descomposición da madeira. Cando nacen as larvas aliméntanse dos fungos. Despois da metamorfose carrexan esporas coas que poden infectar a outras árbores. Un exemplo ben coñecido disto é a [[grafiose]] (que acabou con case todas a poboacións de [[ulmeiro]]s da Península Ibérica), causada polo fungo ''[[Ophiostoma ulmi]]'', transmitido polo escaravello da casca dos ulmeiros: ''[[Scolytus multistriatus]]''.
 
== Notas ==
21.448

edicións