Deinococcus-Thermus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
Comprende dous grandes grupos:
* As ''Deinococcales'', que inclúe dúas familias e dous xéneros principais: ''[[Deinococcus]]'' e ''[[Truepera]]''. O primeiro ten varias especies resistentes á radiación, que poden captar os residuos nucleares e outros materiais tóxicos sen sufriren dano, e sobreviven tamén no baleiro do espazo exterior ou en condicións extremas de calor ou frío.
* As ''Thermales'' inclúen varios xéneros resistentes á calor (''[[Marinithermus]]'', ''[[Meiothermus]]'', ''[[Oceanithermus]]'', ''[[Thermus]]'', ''[[Vulcanithermus]]'').<ref>http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#DeinococcusThermus</ref> A especie ''[[Thermus aquaticus]]'', que vive en [[fonte hidrotermal|fontes hidrotermais]], foi importante no desenvolvemento da técnica da [[Reacción en Cadea da Polimerase]] (PCR), xa que posúe un [[encima]] [[ADN polimerase]] termoestable (a [[Taq polimerase|''Taq'' polimerase]]), que resiste as temperaturas necesarias para aplicar a técnica da PCR.
 
Aínda que estes grupos evolucionaron a partir dun devanceiro común, os dous mecanismos de resistencia que presentan desenvolvéronos de xeito independente. <ref name="pmid16242020">{{cite journal |author=Omelchenko MV, Wolf YI, Gaidamakova EK, ''et al'' |title=Comparative genomics of Thermus thermophilus and Deinococcus radiodurans: divergent routes of adaptation to thermophily and radiation resistance |journal=BMC Evol. Biol. |volume=5 |issue= |pages=57 |year=2005 |pmid=16242020 |pmc=1274311 |doi=10.1186/1471-2148-5-57 |url=http://www.biomedcentral.com/1471-2148/5/57}}</ref>