Diferenzas entre revisións de «Cloroplasto»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 64 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q47263)
Os '''cloroplastos''' (do [[Lingua grega|grego]], ''chloros'' "verde", e ''plast'', "forma" ou "entidade") son [[Orgánulo|orgánulos citoplasmáticos]] da [[célula]] encargados de realizar a [[fotosíntese]] en organismos [[eucarionte]]s. Atópanse nas [[folla]]s das [[planta]]s e mais en organismos [[protista]]s fotosintéticos. Os cloroplastos capturan a [[enerxía]] [[Luz|lumínica]] para conservaren enerxía libre en forma de [[adenosín trifosfato|ATP]] e reduciren o [[NADP|NADP<sup>+</sup>]] a [[NADPH]] a través dun conxunto de procesos complexos chamado fotosíntese<ref>{{Cita libro|apelidos=Campbell|nome=Neil A.|coautores=Brad Williamson; Robin J. Heyden|título=Biology: Exploring Life|editor=Pearson Prentice Hall|data=2006|localización=Boston, Massachusetts|url=http://www.phschool.com/el_marketing.html|id=ISBN 0-13-250882-6}}</ref>.
 
Están formados por un sistema de membranas interno onde se atopan localizados os sitios nos que de leva a cabo cada unha das partes do proceso fotosintético. Nos organismos procariontes[[procarionte]]s fotosintéticos, o proceso lévase a cabo asociado a certas prolongacións cara ao interior da célula da [[membrana plasmática]]. O seu tamaño é relativamente grande, 5-10 [[micrómetro]]s por 0.02-0.1 mm.
 
A súa orixe, consonte a [[endosimbiose|Teoría endosimbionte]], enténdese que foi unha [[cianobacteria]] primitiva [[Fagocitose|fagocitada]] por unha [[célula]], o cal explica o seu xeito de [[reprodución]] independente das [[mitose]]s da [[célula]], que posúa [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] circular covalentemente fechado ([[ccfADN]]) propio, [[dobre membrana]], e [[ribosoma]]s 70S, propios de [[bacteria]]s.
177.966

edicións