Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{entradución}}
[[Ficheiro:Nitrogen Cycle gl.svg|miniatura|dereita|300px|Ciclo do nitróxeno no [[solo]]. As bacterias desnitrificantes devolven o nitróxeno á atmosfera.]]
A '''desnitrificación''' é un proceso [[metabolismo|metabólico]] realizado por [[microorganismo]]s que usa o [[nitrato]] como aceptor terminal de [[electrón]]s en condicións [[anoxia|anóxicas]] (ausencia de [[oxíxeno molecular|oxíxeno]]) principalmente, no cal os [[nitrato]]s [[oxidorredución|redúcense]] orixinando [[nitróxeno gas]]. Isto ocorre en etapas sucesivas [[catalizador|catalizadas]] por sistemas [[encima|encimáticos]] diferentes, nas que aparecen como produtos intermedios [[nitrito]]s, [[óxido nítrico]] e [[óxido nitroso]]. É un proceso respiratorio que forma parte do [[ciclo do nitróxeno]] e pode aplicarse ao tratamento de augas. As reaccións implicadas na desnitrificación poden producir o gas N<sub>2</sub>O, que é un gas de [[efecto invernadoiro]].
 
Realízana exclusivamente certos [[microorganismo]]s, entre os que salientan ''[[Alcaligenes]]'', ''[[Paracoccus]]'', ''[[Pseudomonas]]'', ''[[Thiobacillus]]'', ''[[Rhizobium]]'', e ''[[Thiosphaera]]'', entre outros. <ref>Carlson, C. A., and J. L. Ingraham. 1983. Comparison of denitrification by ''Pseudomonas stutzeri'', ''Pseudomonas aeruginosa'', and ''Paracoccus denitrificans''. Appl. Environ. Microbiol. 45:1247-1253.</ref> <ref>Baalsrud, K., and K. S. Baalsrud. 1954. Studies on ''Thiobacillus denitrificans''. Archives of Microbiology 20:34-62.</ref> Os desnitrificantes están presentes en todos os principais grupos filoxenéticos de bacterias. A maioría son especies heterótrofas, pero tamén hai algunhas autótrofas, como ''[[Thiobacillus denitrificans]]''<ref>Zumft, W. 1997. Cell biology and molecular basis of denitrification. Microbiol. Mol. Biol. Rev. 61:533-616.</ref> Xeralmente intervén no proceso máis dunha especie de bacterias para conseguir a total redución do nitrato a nitróxeno gas, e identificouse máis dunha vía encimática para esta redución.<ref>Atlas, R.M., Barthas, R. Microbial Ecology: Fundamentals and Applications. 3rd Ed. Benjamin-Cummings Publishing. ISBN 0-8053-0653-6</ref>
174.730

edicións