Abrir o menú principal

Cambios

Algunhas [[bacterias]] desnitrificantes son quimiolitoautótrofas e poden oxidar compostos inorgánicos de [[xofre]] como ácido sulfhídrico (H<sub>2</sub>S), xofre elemental (S<sup>0</sup>), tiosulfato (S<sub>2</sub>O<sub>3</sub>2<sup>-</sup>) ou sulfito (SO<sub>3</sub><sup>2-</sup>) anaerobicamente a costa da redución do nitrato.<ref>(Kuenen et al.1992)</ref> Entre elas hai só dous autótrofos obrigados coñecidos que crezan a pHs neutros: ''Thiobacillus denitrificans'' e ''Thiomicrospira denitrificans'',<ref>(Schedel y Truper, 1980; Kuenen et al.1992; Timmer-Ten Hoor, 1975)</ref> que poden levar a cabo a sulfoxidación en condicións aeróbicas ou anóxicas. Recentemente illouse ''Thioalkalivibrio denitrificans'', un autótrofo, oxidador de xofre, que pode crecer anaerobicamente usando nitrito como aceptor de electróns a pH básico<ref> (Sorokin, D.Y., 2001).</ref>
 
As vantaxes deste proceso respecto á heterotrofia son varias. Para ono tratamento de augas residuais,son varias. evitaEvita ter que engadir [[materia orgánica]], reducíndose así os custos, e para o tratamento de [[Auga potable|augas potables]], evita o carbono residual no efluente, xa que reduce o risco de sobrecrecemento nos sistemas a tratar e de desinfección da zona polos produtos producidos debido a que os organismos autotrófos crecen máis a modo e producen menos [[biomasa]], coa conseguinte formación de menos produtos celulares.<ref>( K.S.Haugen.2002)</ref> Ademais os organismos autótrofos están mellor adaptados para o tratamento de augas subterráneas porque crecen a baixas concentracións de compostos orgánicos biodegradables. Tamén posúen un grande interese comercial e desde o punto de vista da biotecnoloxía ambiental porque é un dos poucos exemplos nos que poden oxidarse bioloxicamente compostos reducidos do xofre (sulfoxidación) en ausencia de oxíxeno elemental. Pero a principal vantaxe deste proceso é a aparición da desnitrificación acoplada á oxidación de compostos reducidos do xofre, combinando a eliminación simultánea de dous tipos de contaminantes, os nitratos e os compostos reducidos do xofre (ecuación 2), tendo así grande interese polas súas aplicacións biotecnolóxicas.
 
== Principais factores que afectan á desnitrificación ==
174.729

edicións