Abrir o menú principal

Cambios

A desnitrificación heterótrofa en consorcios está en grande medida determinada pola relación entre o composto orgánico doador de electróns e o nitrato (relación C/N). Segundo a literatura, obtense un proceso desnitrificante óptimo a relación estequiométrica.<ref>Cervantes FJ, De la Rosa DA, Gomez J. 2001. Nitrogen removal from wastewaters at low C/N ratios with ammonium and acetate as electron donors. Bioresource Technology 79(2):165-170.</ref><ref>Cuervo-Lopez FM, Martinez F, Gutierrez-Rojas M, Noyola RA, Gomez J. 1999. Effect of nitrogen loading rate and carbon source on denitrification and sludge settleability in upflow anaerobic sludge blanket (UASB) reactors. Water Science and Technology 40(8):123-130.</ref><ref>ena-Calva A, Olmos-Dichara A, Viniegra-Gonzalez G, Cuervo-Lopez FM, Gomez J. 2004. Denitrification in presence of benzene, toluene, and m-xylene - Kinetics, mass balance, and yields. Applied Biochemistry and Biotechnology 119(3):195-208.</ref> Aínda que depende do doador de electróns, pódese considerar que cunha relación C/N menor a 5, pero superior á relación estequiométrica, o proceso desnitrificante lévase a cabo sen limitación; cunha relación entre 5 e 21,3 lévase a cabo a desnitrificación e produción de [[metano]]. A relacións C/N maiores, prodúcese metano sen que haxa a desnitrificación. Isto débese a que o proceso desnitrificante diminúe e aparece a amonificación, que pasa a ser o proceso dominante a relacións C/N maiores de 51.<ref>Rustrian E, Delgenes JP, Bernet N, Moletta R. 1997. Nitrate reduction in acidogenic reactor: Influence of wastewater COD/N-NO3 ratio on denitrification and acidogenic activity. Environmental Technology 18(3):309-315.</ref>
 
=== Aplicacións ===
 
En resposta ao problema da contaminación por [[nitratos]], xurdiron diversas tecnoloxías para eliminalo do medio tales como [[intercambio iónico]], [[osmose]] inversa, [[electrodiálise]] e desnitrificación biolóxica. Entre as diversas alternativas, prefírense os tratamentos biolóxicos pola súa sinxeleza, selectividade e baixo custo ante os físico-químicos, máis caros e con maior xeración de residuos tóxicos.
174.765

edicións