Talaiot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/Talayote
 
Calq (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
[[Ficheiro:Capocorb.jpg|250px|left|thumb|Talaiot cadrado en Mallorca.]]
Na illa de [[Mallorca]], a maioría dos talaiots pertencen a dous tipos claramente caracterizados: os talaiots circulares e os talaiots cadrados. Os primeiros son os máis abundantes, son de planta circular, as súas medidas oscilan entre os oito e os dezasete metros de diámetro, e adoitan estar orientados cara a outros monumentos. Os talaiots cadrados son de planta máis ou menos cadrada, case sempre con dúas das súas paredes orientadas cara aos [[solsticio]]s ou aos seus equivalentes lunares, e cuxas medidas son máis estritas, case sempre entre os dez e once metros de lado. A súa localización espacial tamén os caracteriza: mentres que os talaitstalaiots circulares poden atoparse en poboados, illados, ou en centros cerimoniais, os talaiots cadrados atópanse practicamente sempre integrados en centros cerimoniais. Tanto os talaiots circulares como os cadrados teñen unha soa entrada, un corredor que atravesa os grosos muros (de até catro metros de grosor), e unha cámara interior provista dunha columna central.
 
[[Ficheiro:TorellonetVell.jpg|250px|right|thumb|Talaiot de [[Torellonet Vell]] ([[Menorca]]).]]