Hernani: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
ligint
Liña 51:
 
==Historia==
Durante a Alta Idade Media, o territorio que formaría a [[Provincia de Guipúscoa]] estaba dividido en vales e Hernani era un deles. O '''val de Hernani''' estendíase antigamente por todo o territorio comprendido entre os cursos baixos dos ríos [[Urumea]] e [[Oria]]. Comprendía no seu territorio as actuais poboacións de [[Donostia]], Hernani, [[Lasarte-Oria]], [[Usúrbil]], [[Urnieta]] e [[Orio]].
 
As primeiras mencións escritas referidas ao val de Hernani remóntanse a un documento duns votos do conde castelán [[Fernán González]] en favor do [[Mosteiro de San Millán da Cogolla]] que están datados no ano 938, pero dos que se cre que son unha falsificación do [[século XIII]]. Datado a finais do [[século XII]] está o documento de doazón do ''Mosteiro de San Sebastián'' ao [[Mosteiro de Leyre]] en [[Navarra]] por parte do rei navarro [[Sancho VIN de Navarro|Sancho o Sabio]], onde se indica que dito mosteiro de San Sebastián atopábase ''nos confíns de Hernani''.