Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 204:
O [[2 de marzo]] de [[1882]] [[Roderick Maclean]], un recoñecido poeta que se sentía ofendido porque Vitoria negouse a ler un dos seus poemas,<ref>Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 422</ref> disparou contra a raíña cando a súa carruaxe estaba saíndo da estación de trens de Windsor. Dous estudantes do [[colexio Eton]] golpeáronlle cos seus paraugas ata que o poeta foi detido pola policía.<ref>Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 421</ref> Vitoria se enfureceu cando se decatou de que Maclean quedou en liberdade por tolemia,<ref>Hibbert, pp. 420-421; St Aubyn, p. 422; Strachey, p. 278</ref> pero alegrouse coas demostracións de lealdade despois do ataque, e chegou a afirmar que «valeu a pena ser disparada só para ver como se me quere».<ref>Hibbert, p. 427; Longford, p. 446; St Aubyn, p. 421</ref>
 
O [[17 de marzo]] de [[1883]] Vitoria caeuse polas escaleiras en Windsor, o que provocou que estivese nunha cadeira de rodas ata xullo. A raíña nunca se recuperou completamente da caída e sufriu [[reumatismo]] ata o fin dos seus días.<ref>Longford, pp. 451-452</ref> John Brown morreu días despois do accidente e, para consternación do seu secretario privado, [[Henry Ponsonby]], a raíña empezou a traballar nunha biografía laudatoria do seu fiel criado.<ref>Longford, p. 454; St Aubyn, p. 425; Hibbert, p. 443</ref> Ponsonby e [[Randall Davidson]], decano de Windsor, que viran os primeiros esbozos, aconselláronlle a Vitoria que non publicase o traballo, xa que podería causar rumores de que os dous habían ter unha relación amorosa.<ref>Hibbert, pp. 443-444; St Aubyn, pp. 425-426</ref> O manuscrito foi destruído.<ref>Hibbert, pp. 443-444; Longford, p. 455</ref> A principios de 1884 Vitoria publicou o libro ''More Leaves from a Journal of a Life in the Highlands'', unha secuela do seu primeiro libro, que dedicou ao seu «criado persoal, devoto e fiel amigo, John Brown».<ref>Hibbert, p. 444; St Aubyn, p. 424; Waller, p. 413</ref> Un día despois do aniversario da morte de Brown, Vitoria soubo mediante un telegrama que o seu fillo pequeno, [[Leopoldo de Albany|Leopoldo]], morrera en [[Cannes]], vítima de [[hemofilia]]. Vitoria lamentou a morte daquel que era «o máis querido de entre os meus fillos».<ref>Longford, p. 461</ref> Ao mes seguinte, a filla menor de Vitoria, [[Beatriz do Reino Unido|Beatriz]], coñeceu e namorouse do príncipe [[Henrique de Battenberg]] na voda da súa sobriña [[Vitoria de Hesse-Darmstadt]] co irmán maior do príncipe [[Luís de Battenberg]]. Beatriz e Henrique querían casarse, pero nun primeiro momento Vitoria opúxose á unión, pois quería que Beatriz quedásese en casa con ela para facerlle compaña. Un ano despois cambiou de opinión, xa que Beatriz e Henrique prometeron que seguirían vivindo preto para facerlle compañía.<ref>Longford, pp. 477-478</ref>
 
Vitoria alegrouse cando Gladstone viuse obrigado a dimitir en 1885, tras non poder aprobar o seu orzamento.<ref>Hibbert, p. 373; St Aubyn, p. 458</ref> A raíña pensaba que o seu goberno fora o «peor que había ter» e culpáballe da morte do xeneral [[Charles George Gordon|Gordon]] en [[Jartum]].<ref>Waller, p. 433; véxase tamén Hibbert, pp. 370-371 e Marshall, pp. 191-193</ref> Gladstone foi substituído por [[Robert Gascoyne-Cecil|lord Salisbury]]. Con todo, este goberno apenas durou uns meses, e Vitoria tivo que chamar novamente a Gladstone, a quen denominaba como «medio tolo e, en verdade, non é máis que un home ridículo de moitos xeitos».<ref>Hibbert, p. 373; Longford, p. 484</ref> Gladstone intentou aprobar unha lei que daba a Irlanda un goberno propio pero, para alegría de Vitoria, non foi aprobada.<ref>Hibbert, p. 374; Longford, p. 491; Marshall, p. 196; St Aubyn, pp. 460-461</ref> Nas eleccións, o goberno Gladstone cedeu o poder a Salisbury.<ref># F. W. S. Craig, British Electoral Facts: 1832-1987</ref>
 
== Xubileu de ouro ==