Cork: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 31:
|sitio web = [http://www.corkcity.ie/ Páxina oficial de Cork]
}}
'''Cork''' (en [[lingua inglesa|inglés]]) ou '''Corcaigh''' (en [[Lingua irlandesa|gaélico irlandés]]) é a segunda cidade máis importante da [[Irlanda|República de Irlanda]]. A cidade máis importante e o centro administrativo do [[Condado de Cork]] e a cidade máis grande da provincia de [[Munster]], está situada preto da costa coas coordenadas 51°54′N 8°28′W.
 
O [[río Lee]] pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no [[lago Mahon]] e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo. A cidade é un dos máis importantes portos marítimos de Irlanda, con embarcadoiros e peiraos ao longo da beira do río Lee na parte leste da cidade. A cidade en si ten 123.062 habitantes, aumentando a 186.239 se engadimos a xente que vive nos arrabaldes. O condado, excluíndo a cidade, ten un total de 326.767 habitantes (CSO 2002).