Fotótrofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Fotoautótrofos==
A gran maioría dos fotótrofos son [[autótrofo]]s, polo que se denominan '''fotoautótrofos''', eque se caracterizan porque poden realizar a [[fixación do carbono]] para obter o carbono que necesitan a partir do CO<sub>2</sub>. sOs fotoautótrofos poen sintetizar a súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas obtidas do medio utilizando a luz como fonte de enerxía para o seu [[metabolismo]]. As plantas verdes, as algas e case todas as bacterias fotosintéticas son fotoautótrofas. Os organismos fotoautótrofos denomínanse ás veces holofíticos.<ref>{{cite book | title=The Facts on File dictionary of biology | last=Hine | first=Robert | publisher=Infobase Publishing | year=2005 | page=175 | isbn=978-0-8160-5648-4}}</ref>
 
Os fotótrofos poden realizar unha fotosíntese oxixénica na cal se utiliza auga como doante de electróns, que ao descompoñerse desprende oxíxeno, e captan a luz utilizando [[clorofila]]s. Son fotótrofos oxixénicos as plantas, algas e [[cianobacteria]]s. Outros fotótrofos realizan unha fotosíntese anoxixénica na cal non utilizan como doante de electróns a auga, senón outro composto, por exemplo, [[sulfuro de hidróxeno]], polo que non se desprende oxíxeno, e utilizan como [[pigmento biolóxico|pigmentos]] captadores de luz as [[bacterioclorofila]]s. Teñen unha fotosíntese deste tipo uns poucos tipos de bacterias acuáticas.