Kizzuwatna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1047069
Nerk (conversa | contribucións)
m revancha × desquite // xacementos × sitios arqueolóxicos
Liña 1:
'''Kizzuwatna''' ou '''Kizzuwadna''' foi un estado de [[Anatolia]] do sueste ([[Cilicia]]) probabelmente de orixe [[hurritas|hurrita]].
[[Ficheiro:Hatti.JPG|miniatura|300px|Localización dos principais xacementossitios arqueolóxicos da Anatolia hitita]]
Xurdiu na rexión chamada [[Adaniya]], que se fixo independente dos hititas sobre a metade do [[século -XVI]]. Probabelmente fíxose independente baixo o rei '''Ammunas''', ou un pouco antes con '''Pilliya''', ao que sucedeu '''Pariyawatri''', considerado o primeiro rei independente de Kizzuwatna, pai de '''Isputahsu''' ('''Ishputakhshu'''), quen o sucedeu. Sábese que xa existía como reino independente na segunda metade do século -XVI, e aparece xa nun tratado co imperio [[Hitita]] baixo o rei [[Telibinus]], no cal o rei '''Isputuhsu''' ou '''Ešputahš''' de Kizzuwatna utiliza un selo co nome probabelmente de "Sarri-Tesub" e reclamou o título de gran rei, tratado que se conservou parcialmente en versións acadia e hitita e que foi o primeiro tratado hitita cun poder estranxeiro igualitario (non se conserva porén a introdución histórica que foi típica nos documentos hititas). [[Hantilis II]], fillo e sucesor de [[Alluwamnas]], fixo outro tratado co rei '''Paddatisu''' ('''Paddatishshu''') onde os dous soberanos se prometían mutua amizade en termos recíprocos e iguais (sobre [[-1480]]), tratado que moi poucos anos despois foi renovado en termos similares polo rei '''Eheya''' de Kizzuwatna e o rei [[Tahurwailis]].
 
As boas relacións cos hititas empeoraron canto ambos reinos ocuparon territorios que antes pertencían ao outro, pero despois asinouse un tratado paritario que puxo fin aos litixios, cando reinaba en Kizzuwatna '''Pilliya''' II e en Hattusa o rei [[Zidantas II]] (sobre [[-1470]] ou [[-1460]]). Foi o último tratado paritario que un rei hitita fixo con Kizzuwatna e tamén o último tratado paritario deste reino con calquera outro, xa que pouco despois o país foi dominado por [[Mitanni]] e '''Pilliya''' II tivo que aceptar ser vasalo do rei hurrita, e foino o resto do século. Os litixios talvez derivaron dun tratado firmado por [[Idrimi]] de [[Alalakh]] e Pilliya II de Kazziwatna, polo cal Idrimi puido pasar polo país e entrar a territorio hitita, onde saqueou moitos lugares e destruíu sete fortalezas volvendo despois en triunfo a Alalakh.
 
O rei hitita [[Tudhaliyas II]] non logrou impoñer a súa soberanía a Ishuwa e outros pequenos reinos da rexión do alto Éufrates, que, despois dun breve dominio hitita, pasaron a Mitanni. Como revanchadesquite Tudhaliyas atacou Kizzuwatna, que era vasalo de Mitanni e impuxo un tratado ao rei Sunasura. Unha deidade de Kizzuwatna foi trasladada a [[Samuha]] e nominalmente Kizzuwatna quedaba como estado independente fóra da influencia de Mitanni, pero na práctica volvíase un aliado hitita: se Tudhaliyas atacaba outro país o rei de Kizzuwatna tiña que fornecer 100 carros de combate e 1000 homes e o rei tiña que acompañar ao rei hitita; o rei de Kizzuwatna non podería enviar mensaxes ao de Mitanni. Parece ser que os hititas conquistaron ata Washukanni, cidade que incorporaron a Kizzuwatna, pero, se así foi, a conquista non foi permanente (menciónase neste reinado e no seguinte de [[Arnuwandas I]]). Consérvase o texto do tratado entre Tudhaliyas II e Sunasura de Kizzuwatna (sobre o [[-1400]]).
 
Sobre o [[-1380]] pasou probabelmente ao estado hitita, e foi disputado por [[Mitanni]] ata que este foi ocupado por [[Suppiluliumas II]] pola metade do [[século –XIV]]. Sobre o [[-1375]] os hititas xa devastaron [[Tegarama]] e achegáronse a Mitanni, que aínda non foi ocupada.