Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 71:
O país navarro divídese en tres zonas diferentes: a Navarra pirenaica no norte; a Navarra intermedia; e a Ribeira navarra no sur.
 
A primeira comprende a maior porción dos Pireneos occidentais, desde o [[Pico de Anie]] (2.504 m) nos límites con a [[provincia de Huesca|Huesca]], até o monte Larrún nas lindes con [[Guipúscoa]] e [[Lapurdi]]. Non acadan aquí os Pireneos excesiva altura, mais si forman unha muralla abrupta con poucos pasos cara á vertente setentrional. Desde eles se desenvolven unha serie de cordais transversais que avanzan cara o sur, onde os ríos formaron vales (Roncal, Salazar, RoncesvallesRoncesvales). Máis a occidente, os Pireneos prolónganse nas serras que conforman as lindes con Guipúscoa (serras de [[Alduídes]] e [[serra de Aralar|Aralar]]) e [[Áraba]] ([[serra de Andía|Andía]], [[serra de Urbasa|Urbasa]]).
 
O centro da comunidade está ocupada pola [[conca de Pamplona]]. A oeste a serie de vales da [[comarca da Burunda]], coas localidades de [[Altsasu]] e [[Arakil]]. Estes vales e outros, bordeados de montes, manteñen unha dirección aproximada norte-sur, e por eles flúen os diversos tributarios da bacía do [[río Ebro]] ([[río Ega|Ega]], [[río Arga|Arga]], [[río Cidacos|Cidacos]], [[río Aragón|Aragón]]). Nos confíns coa provincia de Zaragoza, no leste, esténdese a comarca das [[As Bárdenas|Bárdenas]], de vexetación escasa.