Diferenzas entre revisións de «Panxoliña»

sen resumo de edición
A '''panxoliña''' é un subxénero da [[lírica]] consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo [[nadal]].
 
Segundo [[Carlos Villanueva]], profesor da [[Universidade de Santiago de Compostela]], as panxoliñas non son o mesmo que os [[vilancico]]s. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.
 
Sábese da existencia de panxoliñas desde o [[século XV]], mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.
201.856

edicións