Lois XIV de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 101:
 
=== A unificación nacional: O galicanismo ===
A continuación, Luís XIV intentou incrementar o seu control sobre a Igrexa. Convocou unha asemblea do Clero (''Assemblée du Clergé'') en novembro de [[1681]]. Trala súa disolución en xuño de [[1682]], a asemblea aceptara a [[Declaración do Clero Francés]]. O poder real incrementouse, en detrimento do poder papal. Entre outras medidas, o Papa non podía enviar [[legados papais]] sen o consentimento de Luís; os susoditos legados, ademais, só podían exercer o seu cometido tras outra aprobación unha vez entrasen na Francia. Os bispos non podían abandonar o país sen aprobación real; ningún axente gobernamental podía ser [[excomuniónexcomuñón|excomungado]] polos seus actos en misión oficial; e non se podía apelar ao Papa sen a aprobación do rei. O rei obtivo o poder de promulgar leis eclesiásticas e tódalas regras papais eran inválidas en territorio francés sen o consentimento real. A Declaración, con todo, non foi aceptada polo Papa, por razóns claramente obvias.
 
=== A unificación nacional: A revogación ===