Calisto III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q160369
m →‎Traxectoria: Martiño V, papa
Liña 9:
Procedía da nobre familia dos Borja, procedentes da vila aragonesa de de [[Borja, Zaragoza|Borja]], instalados no reino de València tras participar na súa conquista xunto a [[Xaime I de Aragón|Xaime I]].
 
Logo de estudar leis en [[Zaragoza]] foi profesor de Dereito na [[universidade de Lleida]], onde chamou a atención do [[antipapa]] [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], que o atraeu á súa causa no enfrontamento que o [[Cisma de Occidente]] provocara na Igrexa. O seu apoio ao antipapa convirteuno tamén en protexido do valenciano San [[San Vicente Ferrer|Vicente Ferrer]], e valeulle ser nomeado canónigo da [[catedral de Lleida]] e entrar ao servizo de [[Afonso V de Aragón]] como xurista e diplomático.
 
Trala morte de Bieito XIII en [[1423]], tres dos seus cardeais reuníronse en [[conclave]] e elixiron como sucesor a [[Clemente VIII, antipapa|Clemente VIII]] que instalou a súa sé en [[Peñíscola]].
 
En [[1429]] Afonso V, que apoiara a Bieito XIII, deseoso dun achegamento a [[Roma]], enviou a Alonso de Borja como legado a Peñíscola coa misión de lograr que o antipapa Clemente VIII renunciase e se sometese ao papa [[Martiño V, papa|Martiño V]]. O éxito da súa negociación, que supuxo a fin do cisma que dividira a Igrexa desde 1378, supúxolle a Alonso o nomeamento como bispo de [[València]]. Nesta cidade permaneceu tres anos, marchando en [[1432]] para acompañar a Afonso V como vicechanceler e conselleiro real na campaña que remataría en [[1442]] coa conquista do [[reino de Nápoles]].
 
O [[2 de maio]] de [[1444]] foi nomeado cardeal por [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] e comezou cunha práctica que definiría o seu pontificado: o [[nepotismo]], ofrecendo aos seus dous sobriños dos que era titor, [[Luis Juan de Borja]] e [[Rodrigo de Borja]], importantes cargos e beneficios eclesiásticos.
Liña 28:
En [[1458]], xa cara ao final do seu pontificado, enemizouse coa coroa de Aragón, pois trala morte do que fora o seu grande aliado, Afonso V, negouse a recoñecer ao seu fillo, [[Fernando I de Nápoles|Ferrante I]], como rei de Nápoles ao considerar que dito reino pertencía á Igrexa.
 
Segundo unha versión coñecida por vez primeira nunha biografía póstuma, embelecida e popularizada no século XVIII polo matemático francés [[Pierre-Simon Laplace]], Calisto III [[excomuniónexcomuñón|excomulgou]] ao [[cometa Halley]] en [[1456]], con ocasión da súa aparición sobre Europa, debido á tradicional crenza nos [[cometa]]s como símbolo de mal agoiro, en particular naquela época contra os defensores cristiáns da cidade de [[Belgrado]], sitiada polos otománs. Con todo, esta versión carece de sustento histórico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuño de [[1456]], onde solicita as oracións dos fieis para o triunfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de [[1456]], cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facía varias semanas que o cometa deixara de ser visible.
 
== Véxase tamén ==