Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 55:
Tras a forte caída de poboación no [[século XV]] (de 3.000 habitantes ao principio do XV a 1.800 de finais), Ourense experimenta no [[século XVI|XVI]] un importante aumento de poboación e un notable aumento da actividade comercial, especialmente no campo do [[viño]] e do artesanado, como consecuencia da paz imposta polos [[Reis Católicos]].
 
En [[1597]] a cidade acada a cota máis alta de poboación na época do [[Antigo Réxime]], 2.950 veciños. A cidade xa levaba tempo configurada no seu entramado urbano, limitada pola súa muralla e polas súas portas. Dende a invasión da cidade por parte do Duque de Lancaster e as subseguintes loitas do XV, quedan varias casas en ruínas, pero como dicía [[Xesús Ferro Couselo]]
<blockquote>"Soplan vientos de prosperidad y se despierta una fuerte fiebre constructiva."</blockquote>
A cidade comeza a porse á frote, levántanse casas e edificios relixiosos, e o concello dota a cidade de edificios auxiliares e de servizos. O clero levanta o fermoso ciborio da catedral; a sancristía con bóveda estrelada e as Capelas do Cristo e a das Neves, e por outra banda, as bóvedas e arcos do Pórtico do Paraíso da entrada principal. Desta época son tamén a ermida dos Remedios, situada á beira da ponte romana, a torre do reloxo da Catedral e o Convento de San Francisco. A nobreza edifica o pazo dos Ocas, o que hoxe é coñecido como "O Liceo de Ourense", na rúa Lamas Carvajal. É nesta época cando o Concello dota a cidade da súa primeira casa consistorial na Praza Maior.
 
[[Categoría:Historia das cidades e concellos de Galicia|Ourense]]