Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
'''Miguel Pselo''' ou '''Miguel Psellos''', en [[lingua grega|grego]] '''Μιχαήλ Ψελλός''' ou ''Mikhaēl Psellos'', chamado '''o Mozo''' para o distinguir do [[Miguel Pselo o Vello|filósofo homónimo]], nado en [[Nicomedia]] contra o ano [[1018]] e finado contra [[1078]], foi un [[humanismo|humanista]], [[político]], [[filósofo]] [[Neoplatonismo|neoplatónico]], [[poeta]], [[orador]] e [[historiador]] [[Imperio bizantino|bizantino]] do [[século XI]].
 
Pselo foi un cortesán intrigante e un dos políticos máis influentes do seu tempo. Ocupou os máis altos cargos do goberno imperial durante trinta e seis anos, baixo sete emperadores de tres dinastías distintas. Auténtico [[polígrafo (autor)|polígrafo]], escribiu sobre [[teoloxía]], [[dereito]], [[filoloxía]], [[arqueoloxía]], [[historia]], [[alquimia]], [[matemáticas]], [[medicina]], etc. Foi non soamente o espírito máis cultivado e a mente máis lúcida da súa época, senón tamén un auténtico artista. O seu ''Chronografía'' é o máis importante [[Memorias|libro de memorias]] de toda a [[Idade Media]], sen que ningún outro poida comparárselle pola súa frescura, a vivacidade da súa expresión, a finura da súa intuición psicolóxica e os seus dotes para os [[retrato]]s. <ref>Ostrogorsky 1983: 313</ref>.
 
== Traxectoria ==