Cuntis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadidos os datos censais de 2012 e 2013 obtidos do IGE e eliminado o enderezo de correo electrónico xa inexistente
Liña 80:
Consérvanse diversos [[petróglifo]]s, como o Outeiro do Forno de Tella, situado no polígono industrial da Ran, que ten diversas figuras. Na laxe de maior tamaño hai cérvidos, círculos concéntricos e pías. Noutras laxes menores (ás veces tapadas pola maleza) hai outras figuras. Nunha delas hai un cérvido fusionado a un motivo circular con pía central.
 
No Outeiro de Vales hai círculos concéntricos e pías, aproveitando a fisionomía das laxes. Na Costa de Vales hai círculos concéntricos. No Outeiro Grande hai círculos concéntricos e un cruciforme. No Outeiro da Campá, preto do antigo campo do Barazal, case baixo unha liña de alta tensión, aparece o grupo circular máis grande do concello. Presenta varios aneis cuasicirculares, cunha pía central e tres no exterior aproveitando as vagoadas da laxe nos estremosextremos da mesma.
 
En [[Cardecide, Cuntis, Cuntis|Cardecide]] están os petróglifos de Cartas, con arredor de 35 motivos circulares, e Cartas da Fóra, con figuras circulares, pseudolabirinto e pías. En [[Laxos, Cuntis, Cuntis|Laxos]] está O Pereiriño, con pías. O Castelo (entre Laxos e [[Xinzo, Cuntis, Cuntis|Xinzo]]), ten motivos circulares e pía. En [[Cequeril, Cequeril, Cuntis|Cequeril]] está a Laxe dos Homes, con figuras antropomorfas, posibelmente medievais. O Outeiro dos Campiños ten círculos concéntricos, espiral e pías. O Outeiro do Casal ten motivos circulares. Outro petróglifo é o Outeiro do Galiñeiro.