Luís Pintos Fonseca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''Os Nenos'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]''. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
 
Durante a [[Guerra Civil Española]] refuxiouse no [[mosteiro de San Xoán de Poio]], onde comezou a carreira eclesiática, ordenándose en [[1947]]. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á [[art déco]]. Entre 1944 e 1945 ilustrou a ''Guía Anuario de Pontevedra'' e as revistas ''[[Finisterre (Pontevedra)|Finisterre]]'' e ''[[Sonata Gallega]]''.
 
Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
Liña 10:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*{{Cita libro |título= Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1991|editor= Museo de Pontevedra|localización= Pontevedra|isbn= |páxina= |páxinas= |dataacceso=26 de febreiro de 2012 |url=}}
* {{cita libro
| autor =
| título = Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959
| ano = 1991
| publicación = Museo de Pontevedra
| id = ISBN
}}
 
===Ligazóns externas===
Liña 25 ⟶ 19:
[[Categoría:Pintores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]
[[Categoría:Nados en 1906]]
[[Categoría:Finados en 1959]]