Augusto González Besada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 6:
'''Augusto González Besada''' era membro dunha das familias máis poderosas de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] na que tanto o seu pai [[Basilio González Besada]] como os seus tíos [[Rafael González Besada|Rafael]] e [[Sabino González Besada|Sabino]] foron deputados provinciais e ademais este último foi gobernador civil en dúas ocasións e presidente da [[Deputación provincial de Pontevedra|Deputación]] ([[1896]]-[[1898]]). Tras estudar o [[bacharelato]] en [[Pontevedra]], continuou a súa formación na [[Universidade de Santiago]] onde estudou [[Dereito]] licenciándose en [[1885]] tras o cal afiliouse ao Colexio de Avogados de Pontevedra exercendo a avogacía tamén, con gran prestixio, en [[Madrid]].
 
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]] comezou a súa carreira política obtendocomo Gobernador civil de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] en [[1895]], despois obtivo acta de deputado no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]], polo distrito de [[Comarca do Salnés|Cambados]], ennas [[Eleccións Xerais 1899 en España|eleccións de 1899]]; escano que volveríavolveu obter nas eleccións de [[Eleccións Xerais 1901 en España|1901]], [[Eleccións Xerais 1903 en España|1903]] e [[Eleccións Xerais 1905 en España|1905]]. Tras obter nos seguintes procesos electorais escanos polas circunscricións de [[Cádiz]] ([[Eleccións Xerais 1907 en España|1907]]), [[Almería]] ([[Eleccións Xerais 1910 en España|1910]]) e [[Alacant]] ([[Eleccións Xerais 1914 en España|1914]]), finalizaríafinalizou a súa carreira como deputado representando a [[Lugo]] ao obter a acta correspondente nas eleccións celebradas entre [[Eleccións Xerais 1916 en España|1916]] e [[Eleccións Xerais 1919 en España|1919]].
 
Tras ser, en [[1902]], subsecretario de [[Ministerio de Economía e Facenda de España|Facenda]] seráfoi nomeado, entre o [[20 de xullo]] e o [[5 de decembro]] de [[1903]], ministro de Facenda por [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]] converténdose no Ministro de Facenda máis novo da [[Restauración borbónica en España]]. Esta mesma carteira ministerial desempeñaríaadesempeñouna noutras dúas ocasións: entre o [[14 de setembro]] de [[1908]] e o [[21 de outubro]] de [[1909]] en senllos gabinetes [[Antonio Maura Montaner|Maura]]. Tamén foi ministro de Gobernación entre o [[27 de xaneiro]] e o [[23 de xuño]] de [[1905]] con Fernández Villaverde, e ministro de Fomento entre o [[25 de xaneiro]] de [[1907]] e o [[14 de setembro]] de [[1908]] con Maura.
 
Ademais, actuou como un dos portavoces da oposición conservadora que rexeitou a lei de Substitución dos [[Imposto de Consumos|Consumos]] urdida por [[José Canalejas]] e [[Rodrigáñez]], e anunciou o bloqueo unha vez os conservadores volvesen ao goberno, como así ocorreu. Foi presidente do Congreso ([[1914]]), dos Consellos de Estado, Instrución Pública e Fomento e a Xunta Central de Colonización. En [[1915]], Maura propúxoo como membro da [[Real Academia Española]]. Tamén foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, e da de Xurisprudencia chegou a ser presidente.
Liña 14:
Entre os seus discursos político-literarios merece recordarse o que en [[1905]], sendo ministro da Gobernación, pronunciou en sesión solemne, con motivo do terceiro centenario do Quixote, baixo o título ''Apuntes de Sancho para gobernar la ínsula Barataria''.
 
Asturias, que o nomeou fillo adoptivo, houbo de agradecerlle importantes consignacións que destinou para melloras en portos como os de [[Ribadesella]], [[Villaviciosa]] e [[Xixón]], así como para a repoboación dos ríos; pero, sobre todo, expresoulle o máximo recoñecemento polo decidido apoio que prestou á favorable resolución do proxecto dos chamados ferrocarrís estratéxicos. Do 2 ao [[11 de agosto]] de [[1911]], en ocasión de desempeñar novamente a carteira de Fomento, realizou '''González Besada''' un longo percorrido por Asturias, onde visitou [[Sama de Langreo]], [[Lena, Asturias|Lena]], [[Llanes]], [[Ribadesella]], [[Luarca]] e [[Vegadeo]].
 
Foi presidente honorario da [[Exposición Rexional de 1909]] xunto ao [[Juan Armada Losada|Marqués de Figueroa]] (Juan Armada). Como tal, o 28 de [[novembro]] de [[1909]] recibiu o título de fillo adoptivo de [[Santiago de Compostela]] de mans do alcalde accidental, [[Salvador Cabeza de León]].
 
O [[4 de xuño]] de [[1919]], tres días despois das eleccións xerais, González Besada faleceu. SubstituiríaoSubstituiuno como deputado por Lugo o seu fillo [[Carlos González Besada y Giráldez]]. Ao ano seguinte, para honrar a súa memoria, [[Afonso XIII]] creou o condado de González-Besada, en favor da súa viúva.
 
{{Start box}}
Liña 32:
*''Rosalía de Castro'' (traducido ao galego por [[Pilar García Negro]], A Nosa Terra, 2004).
 
Como xornalista colaborou con xornais e revistas da nosa terra como ''[[El País Gallego (1888)|El País Gallego]]'', ''[[El Libredón]]'', ''[[El Extracto de la Literatura]]'', ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'', ''[[La Cruz de Santiago]]'', ''[[La Revista (1849)|La Revista]]'' ou nano pontevedresapontevedrés ''[[La Correspondencia Gallega]]''.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*{{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |coautores= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2|páxina= |páxinas= |dataacceso=25 de agosto de 2012 |url=}}
*{{Cita libro |título= La Hacienda desde sus ministros. Del 98 a la guerra civil|nome= F. et al.|apelidos= Comín|ligazónautor= |coautores= |ano= 2000|editor= Prensas Universitarias|localización= Zaragoza|isbn= 84-7733-540-0|páxina= |páxinas= |dataacceso=25 de agosto de 2012 |url=}}
* {{Cita libro
| autor = Comín, F. et al.
| título = La Hacienda desde sus ministros. Del 98 a la guerra civil
| ano = 2000
| publicación = Zaragoza: Prensas Universitarias
| id = ISBN 84-7733-540-0
}}
 
{{ORDENAR:Gonzalez Besada, Augusto}}