Salto de trampolín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
O salto para a auga é o nome dado ao conxunto de habilidades que envolve saltar dunha [[plataforma]] elevada en dirección á auga, executando movementos estéticos durante a caída. Alén de ser unha tradición en moitas comunidades, tanto humanas como animais, que viven próximas dunha [[masa de auga]], o salto ornamental é un [[deporte]] de grande técnica, plasticidade e flexibilidade.
 
Na [[natureza]], o saltador xeralmente ponse en rochedos localizados á beira de ríos, lagos ou mares, e dalíde alí salta á auga. A entrada na auga debe ser feita en vertical, principalmente se as alturas de salto son altas — unha entrada horizontal pode provocar serias [[lesión]]s.
 
Na modalidade deportiva, as condicións limítanse por unha [[plataforma de 10 metros|plataforma fixa]], que pode ter até 10 metros de altura en relación á piscina, que debe ter un mínimo 4 metros de profundidade; ou por un trampolín a tres metros da auga, unha plataforma flexíbel (no sentido vertical), que esixe maior pericia do saltador e permite a execución de saltos que envolvan unha subida razoábel.