Diferenzas entre revisións de «Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra»

m
m (lig int)
 
[[Ficheiro:Debuxo de Henrique Campo da Pedra do Labirinto de Marin.jpg|miniatura|250px|O ''[[Labirintos de Mogor|Labirinto de Mogor]]'', un dos debuxos de Enrique Campo]]
Unha importante sección da ''Sociedade'' foi a constituída polos debuxantes que plasmaron graficamente boa parte dos edificios notables de Pontevedra e os seus elementos característicos. Entre eles deben citarse a [[Federico Alcoverro López|Federico Alcoverro]], [[Celso García de la Riega]] (que tamén fixo unha recollida de relatos tradicionais), [[Alfredo Souto Cuero]] e, quizais o máis destacado, [[Enrique Campo Sobrino]], socio desde 1906, cando só contaba con 16 anos; Campos realizou máis de 500 debuxos para a ''Sociedade''. Igualmente, dentro deste grupo cómpre citar os fotógrafos [[Francisco Zagala]], Sáez-Mon e [[Lorenzo Novás]].
 
A ''Sociedade Arqueolóxica'' mantivo unha nutrida rede de correspondentes e informadores noutras localidades galegas, especialmente na provincia de Pontevedra pero tamén en [[Santiago de Compostela|Santiago]], entre os que se encontraba o mesmo [[Antonio López Ferreiro]], e mesmo fóra de Galicia.
102.894

edicións