Oklahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 38:
Oklahoma é un importante produtor de [[gas natural]], [[petróleo]] e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na [[aviación]], [[enerxía]], [[telecomunicacións]] e a [[biotecnoloxía]]. É unha das economías de máis rápido crecemento de [[Estados Unidos de América|EUA]], o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do [[produto nacional bruto]]. Oklahoma City e [[Tulsa]] son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da [[NCAA]] e a [[NAIA]], mentres que dous dos seus clubes de atletismo encóntranse entre os máis exitosos de Estados Unidos.
 
Con pequenas cadeas montañosas, pradeiras, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as [[Grandes Chairas dos Estados Unidos]] e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis queca en calquera outro estado.
 
Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais de Estados Unidos e historicamente serviu como rota de transporte de gado, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Forma parte do ''Bible Belt'', onde está moi presente o [[cristianismo evanxélico]].