Megalitismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: arranxiño no texto, non revisei a ligazón externa
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O megalitismo é un fenómeno amplamente estendido que aparece a mediados ou finais do [[Neolítico]] e conclúe, igual ca este, co descubrimento dos metais e a aparición da [[Idade do Bronce]]. Vai, polo tanto, do VI milenio antes de Cristo até finais do III milenio. A aparición da agricultura no Neolítico, propiciou a [[sedentario|sedentarización]] das poboacións, que á súa vez conlevou unha vinculación maior co territorio que habitaban e traballaban. As [[mámoa]]s cumprían, ademais dunha finalidade funeraria, a función de delimitadoras dos espazos das comunidades humanas.
 
A cantidade de traballo que debía requirir a erección dun monumento megalítico parece indicar a existencia de estruturas sociais incipientemente complexas e desiguais. Dos construtores de megálitos non chegaron a nós máis queca estes grandes monumentos e non fican testemuños das súas actividades cotiás nin das súas moradas; suponse que habitaban covas e abeiros ao ar libre. Sábese, polo tanto, máis da súa morte que da súa vida.
 
O termo megalitismo aplícase propiamente ás arquitecturas de grandes laxes. Para o conxunto, utilízase o concepto de '''fenómeno tumular'''.