Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 48:
Na década de 1950 consolidouse como actor principal en toda serie de comedias (''El fenómeno''), dramas (''La gran mentira'') e cine relixioso ''Balarrasa'', ''Molokai'', ou folclórico (''Morena clara'') propagandísticos ou directamente escapistas (o que en moitos sentidos tamén é considerado propaganda polos historiadores), ó tempo que interviña nunha das primeiras avanzadas do que posteriormente sería o «Novo cine español»: ''Esa pareja feliz'' de [[Juan Antonio Bardem|Bardem]] e [[Luis García Berlanga|Berlanga]]. Tamén participou nalgunhas co-producións de interés como ''La conciencia acusa'' (do xenial [[Georg Wilhelm Pabst]]) o ''Lo scapolo'' (de [[Antonio Pietrangeli]]) xunto a [[Alberto Sordi]], e por último, inicia unha incipiente carreira como director, con obras de encargo de desigual fortuna: neste sentido, sobresae a súa versión da novela de [[Wenceslao Fernández Flórez]] ''El malvado Carabel'' e dúas excelentes comedias nas que compartiu química e cartel coa deliciosa [[Analía Gadé]], unha das súas parellas artísticas máis recorrentes, como son ''La vida por delante'' e ''La vida alrededor''.
 
Ó fío do cine español dos sesenta, a súa filmografía como actor e director encheuse de comedias de todo tipo (''La venganza de Don Mendo'', ''Adiós, Mimí Pompón'', ''Ninette y un señor de Murcia'' ou ''Crimen imperfecto''), excepción aparteá parte dos seus traballos de dirección en ''El mundo sigue'' (1963), un durísimo drama naturalista, inspirado na novela homónima de [[Juan Antonio Zunzunegui]], onde se enfrontan dúas irmás de concepcións vitais opostas en plena sociedade de posguerra española. Ese foi o seu primeiro éxito como director. A outra película que dirixiu daquela foi ''El extraño viaje'' (1964), onde retrata, case con maior profundidade que o propio Berlanga, o clima cicateiro e opresivo da sociedade española do [[franquismo]]. A obra permanece como un dos cumios do cine español de tódolos tempos.<br />Ambas producións tiveron tremendos encontronazos coa [[censura]]. Por outra parte, é entón cando inicia relación profesional con outra das súas parellas máis emblemáticas, [[Concha Velasco]], coa comedia negra ''Crimen para recién casados''.
 
Nos setenta Fernán Gómez convertiuse nun dos actores máis solicitados da chamada [[transición española]], con títulos dorados como ''El espíritu de la colmena'', ''El amor del capitán Brando'', ''Pim, pam, pum, fuego'', ''Mi hija Hildegart'', ''Los restos del naufragio'', ''Mamá cumple cien años'' ou ''¡Arriba Azaña!''. Iniciou así unha exitosa colaboración xunto ó notable director [[Jaime de Armiñán]], e unha tamén estreita relación profesional con [[Carlos Saura]], gañándose así un xusto prestixio como actor e director, ademais do recoñecemento pola súa xa longa traxectoria. En 1976 interviu nun título de indubidable valor, se ben non tivo éxito entre o gran público, como ''El anacoreta'', premiada no [[Festival de cine de Berlín]]. Tamén dirixiu e interpretou dúas exitosas series para TVE (''Juan soldado'' e sobre todo ''El pícaro'') que si triúnfan entre o gran público.<br />Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]] e a legalización da [[CNT]], tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.