Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 135:
 
{{cita|Unha solución brillante, ¡e en apenas 48 horas! Isto é máis do que se podería esperar. Unha gran vitoria moral para Viena; pero con ela todos os pretextos para a guerra caen ao chan, e [ao Embaixador] Giesl máis lle valía haberse quedado tranquilamente en Belgrado. Neste documento, nunca debería dar ordes para a mobilización.<ref>Harvnp, Ludwig. 1927. p:444</ref>}}
 
[[Ficheiro:General Hans G. von Plessen.jpg|miniatura|esquerda|O Emperador Guillerme co Xeneral [[Otto von Emmich]], vitorioso na [[Batalla de Liexa|Liexa]]; no fondo, os xenerais [[Hans von Plessen]] (centro) e [[Moriz von Lyncker]] (dereita).]]
 
Sen que Guillerme o soubese, os ministros e xerais austrohúngaros xa convenceran a [[Francisco José de Austria]], de 84 anos, que asinase unha declaración de guerra contra Serbia. Como consecuencia directa, Rusia empezou unha movilización xeral para atacar Austria en defensa de Serbia. Na noite do 30 de xullo, cando recibiu un documento indicando que Rusia non cancelaría o seu mobilización, Guillerme escribiu un comentario coas seguintes observacións:
 
{{cita|...Porque eu xa non teño ningunha dúbida de que Inglaterra, Rusia e Francia acordaron entre eles, sabendo que as nosas obrigacións nos tratados obrígannos a apoiar a Austria, usar o conflito entre Austria e Serbia como pretexto para librar unha guerra de aniquilación contra nós... O noso dilema sobre manter a fe co ancián e honorable Emperador foi aproveitado para crear unha situación que lle dá a Inglaterra a escusa que estivo buscando para aniquilarnos cunha falsa aparencia de xustiza, co pretexto de axudar a Francia e de manter a coñecida Balanza de Poder en Europa, é dicir, enfrontando na nosa contra todos os estados europeos para o seu propio beneficio.<ref>Harvnp, Balfour. Ano 1964. pp:350-351</ref>}}
 
Outros autores máis recentes indican que Guillerme II realmente declarou: «A crueldade e a debilidade iniciarán a guerra máis terrible do mundo, cuxo propósito é destruír Alemaña. Porque non hai ningunha dúbida que Inglaterra, Francia e Rusia conspiraron entre eles para librar unha guerra de aniquilación na nosa contra».<ref>Harvnp, Wilmott. Ano 2003. p:11</ref>
 
Cando Berlín recibiu a noticia da movilización rusa, foilles posible aos ansiosos oficiais militares e á Oficina de Asuntos Exteriores de Alemaña de persuadir ao [[káiser]] de que asinase a orde de movilización. Dise que ao asinar a orde de mobilización, Guillerme II exclamou: «Arrepentiranse disto, cabaleiros». Finalmente, o [[1 de agosto]] de 1914, Alemaña declarou a guerra a Rusia.
 
Non é fácil demostrar que Guillerme II quixese activamente desatar a [[Primeira Guerra Mundial]]. Malia que tiña desexos de que o Imperio Alemán fose unha potencia mundial, nunca foi intención de Guillerme II conxurar un conflito de gran escala para lograr tales fins. Simplemente quería que o [[Imperio alemán|Imperio Alemán]] prosperase en paz sen afectar negativamente a ningún outro [[país]]. Malia saber que unha guerra a escala global era inminente, fixo grandes esforzos para preservar a paz, como demostra a súa correspondencia con Nicolao II e a súa interpretación optimista do ultimátum [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] de que as tropas desa potencia non irían máis lonxe de [[Belgrado]], limitando así o conflito. A referencia británica contemporánea da Primeira Guerra Mundial de ser a Guerra do Káiser, da mesma xeito que a Segunda Guerra Mundial foi chamada a [[Guerra de Hitler]], é vista actualmente como infundada (e ata certo punto inxusta) ao suxerir que Guillerme II fose personalmente culpable de desatar o conflito.
 
=== Inicio da guerra ===