Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 129:
=== A crise de Saraxevo ===
{{AP|Crise de xullo}}
{{VT|Atentado de Saraxevo}}
Guillerme II era íntimo amigo do arquiduque [[Francisco Fernando de Austria]] e quedou profundamente conmocionado polo seu asasinato o [[28 de xuño]] de [[1914]]. Guillerme II ofreceu o seu apoio a Austria-Hungría para desmantelar a [[Man Negra (Serbia)|Man Negra]], a organización secreta que había planeado o asasinato, e ata sancionou o uso da forza por parte de Austria contra a presunta fonte do movemento: O [[Reino de Serbia]]. Quería permanecer en Berlín ata que a crise fose resolta, pero o seu corte persuadiuno a ir ao seu crucero anual polo [[Mar do Norte]] o 6 de xullo de 1914. Probablemente sabíase que a súa presenza sería útil para aqueles elementos no goberno que desexaban sacar provecho desta crise para aumentar o prestixio de [[Imperio alemán|Alemaña]], ata co risco dunha guerra xeral, algo ao que Guillerme era extremadamente aprehensivo.
 
Guillerme fixo intentos erráticos para permanecer informado da crise por medio de telegramas, e cando o [[Crise de xullo|ultimato austrohúngaro]] entregouse a Serbia, apresurouse a volver a [[Berlín]]. Chegou á cidade o 28 de xullo, leu unha copia da resposta serbia, e escribiu nela:
 
{{cita|Unha solución brillante, ¡e en apenas 48 horas! Isto é máis do que se podería esperar. Unha gran vitoria moral para Viena; pero con ela todos os pretextos para a guerra caen ao chan, e [ao Embaixador] Giesl máis lle valía haberse quedado tranquilamente en Belgrado. Neste documento, nunca debería dar ordes para a mobilización.<ref>Harvnp, Ludwig. 1927. p:444</ref>}}
 
=== Inicio da guerra ===