Maragatería: Diferenzas entre revisións
tradución e adaptación da wikipedia en castelán |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 12 de xullo de 2014 ás 09:02
Coordenadas: 42°25′11″N 6°11′39″O / 42.41972, -6.19417 Modelo:Comarca de España A Maragatería é unha comarca española situada na zona central da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León, que reúne varias subcomarcas denominadas a Alta e a Baixa Maragatería e, dentro destas, a vella zona tradicional da Somoza. A súa capital é Astorga.
Xeografía
Limita ao norte coa comarca de La Cepeda, ao sur coa comarca de La Valduerna, ao oeste coa comarca do Bierzo e a da Cabreira, e ao leste con La Vega del Tuerto e La Valduerna.
Concellos
Os municipios que conforman a Maragatería son os seguintes:
A súa capital económica é a cidade de Astorga. A capital da Alta Maragatería actualmente está en Santa Colomba de Somoza, mentres que a capital da Baixa Maragatería está en Santiago Millas. A capital relixiosa está en Luyego de Somoza, lugar onde se encontra a patroa dos maragatos, a Virxe dos Remedios, se ben o bispado se encontra na cidade de Astorga.