Fisión binaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
de en:Fission (biology).
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
[[Ficheiro:Binary_Fission_2.svg|dereita|miniatura|450px|Fisión binaria en procariotas.

1: A bacteria antes de empezar a fisión binaria, cando o seu ADN está superenrolado.
2: O ADN da bacteria replícouse.
3: O ADN é empuxado aos polos da bacteria a medida que esta incrementa o seu tamaño e se prepara para a división.
4: O crecemento dunha nova parede celular empeza a separar a bacteria.
5: A nov parede celular desenvólvese completamente, causando a división completa da bacteria.
6: As novas células fillas teñen de novo ADN superenrolado, ribosomas e [[plásmido]]s.]]
A fisión binaria comeza coa [[replicación do ADN]], o cal en [[procariota]]s consta esencialmente dunha soa molécula circular, e tamén de pequenos [[plásmido]]s. Esta replicación comeza desde a [[orixe de replicación]], onde o ADN se abre formando unha burbulla de replicación que separa o ADN de dobre febra. Este novo ADN ancórase na membrana plasmática.<ref name=Weiss>{{cita publicación| apelido = Weiss| nome = David| ano = 2004| título = Bacterial cell division and the septal ring| revista = Molecular Microbiology| volume = 54| número = 3| páxinas = 588-597| id = doi:10.1111/j.1365-2958.2004.04283.x| url = http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1365-2958.2004.04283.x/pdf| formato = PDF| dataacceso= 2014/07/11}} </ref>

No caso de ''E. coli'' antes de que ocorra a replicación, a orixe de replicación (''OriC'') sitúase nun polo da bacteria. Cando remata a replicación de ''OriC'', a secuencia migra cara ao polo oposto da célula, continuando o proceso de replicación do resto do cromosoma. Os cromosomas así siuados nos polos celulares van determinar a posición do plano de división celular, asegurando que esta se produza no ecuador da célula. A fisión binaria depende da proteína [[FtsZ]], a cal é unha [[GTPase]] do [[citoesqueleto]] que forma filamentos similares aos da [[tubulina]]. Estes filamentos forman un anel no ecuador da célula e recrutan ás demais proteínas que van intervir na división. Estas proteínas dirixen o crecemento da [[parede celular]] e da membrana plasmática cara ao interior, formando un [[septo]] que divide a célula en dúas nun proceso chamado [[citocinese]].<ref name=Alberts>{{cita libro | apelidos = Alberts | nome = Bruce | editor = Ediciones Omega | título = Biología molecular de la célula | edición = 4ª | ano = 2004 | id = ISBN 978-84-282-1351-6 }}</ref> Outras proteínas que compoñen o anel do septo son a proteína FtsK, que se encarga de coordinar a separación dos cromosomas na división celular, tamén se encontraron en ''E. coli'', [[hidrolase]]s de [[mureína]] que cumpren un importante papel na separación das células fillas.<ref name=Weiss />