Cilióforos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
 
==Reprodución==
[[Ficheiro:Unk.cilliate.jpg|miniatura|dereita|Ciliado nos procesos finais da [[fisión binaria]], unha forma de reprodución asexual.]]
Os ciliados poden realizar tanto a [[reprodución sexual]] coma a [[reprodución asexual|asexual]]. A reprodución asexual ten lugar por fisión binaria. O micronúcleo sofre [[mitose]] e o macronúcleo alóngase e divídese pola metade. A célula despois divídese en dúas. Cada nova célula obtén unha copia do micronúcleo e do macronúcleo. Polo contrario, a reprodución sexual implica o intercambio de material xenético (ou [[conxugación sexual]]) entre dous organismos de diferente [[tipo de apareamento]] (parecido ao sexo, pero pode haber máis de dous tipos de apareamento, non só "macho" e "femia"). Isto xeralmente ocorre cando escasea a comida. As dúas células forman unha ponte de unión entre os seus dous [[citoplasma]]s, os micronúcleos sofren [[meiose]], os macronúcleos desaparecen, e os micronúcleos [[haploide]]s intercámbianse a través da ponte. As células sepáranse despois e forman novos macronúcleos a partir dos seus micronúcleos. As dúas células divídense despois, formando novas células.<ref name="urlIntroduction to the Ciliata"/>