Diferenzas entre revisións de «Flaxelados»

sen resumo de edición
Outras moitas especies son parasitas e causan enfermidades importantes, tanto de invertebrados coma de vertebrados, incluíndo ao ser humano (entre elas os [[tripanosoma]]s como ''[[Trypanosoma cruzi]]'' causante da [[enfermidade de Chagas]], ou ''[[Trypanosoma brucei]]'', causante da [[enfermidade do sono]]).
 
O corpo celular adoita ser de forma definida (non ameboide), oval, alongado ou esférico, cuberto por unha película, ou, en certos grupos, acoirazado. Presentan un núcleo simple situado no centro e reprodúcense por medio de [[fisión binaria]] lonxitudinal. A reprodución adoita ser por escisión múltiple e algúns grupos presentan reprodución sexual.
 
Antigamente os mastigóforos considerábanse unha clase [[taxonomía|taxonómica]] do [[filo]] dos [[protozoo]]s (e noutras clasificacións un filo). Como algúns [[rizópodo]]s (protozoos con [[pseudópodo]]s) tamén posúen flaxelos en certas fases da súa vida, e certos mastigóforos pasan por fases [[ameboide]]s, estas dúas clases considerábanse estreitamente relacionadas, e clasificábanse no filo ''Sarcomastigophora''. A clase dos mastigóforos subdividíase tradicionalmente en dúas subclases: ''Phytomastigophorea'' (ou '''fitoflaxelados''', protozoos cunha forma de vida similar á das plantas ou algas) e ''Zoomastigophorea'' (ou '''zooflaxelados''', parecidos a animais). <ref>''Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina Dorland''. 1996. McGraw-Hill - Interamericana de España. Vol. 4. ISBN 84-7615-986-2.</ref> Esta clasificación non ten ningún sentido actualmente. Hoxe os protozoos con flaxelos están clasificados en diversos grupos moi diferentes e non necesariamente relacionados entre si.
191.789

edicións